A nosa historia

A app de receitas que queriamos para nós

Sen anuncios e respectando a túa privacidade. CookNest é un proxecto independente cunha única obsesión: que ningunha boa receita se perda.

Valoración media
4,8
Valoración media
Usuarios
+150.000
Usuarios
Receitas gardadas
+1,5 M
Receitas gardadas

Quen cociñou CookNest

Quen imaxina, deseña e constrúe CookNest cada día.

Foto de Carles, fundador de CookNest

Carles Encinas Turró

LinkedIn

Fundador e desenvolvemento

Enxeñeiro aeroespacial e programador

Fundador de CookNest. Dálle vida con código, decide cara a onde vai o produto e é quen che responde cando escribes a soporte.

Foto de Miglė, deseñadora de CookNest

Miglė Cayuela Zilinskaite

LinkedIn

Deseño e marca

Graduada en Nutrición Humana e Dietética, e deseñadora gráfica e UX/UI

Deseñadora de produto e de marca. Dálle forma á identidade de CookNest e coida que cada pantalla sexa cálida e fácil de usar.

Como comezou CookNest

Coma moita xente, tiña as miñas mellores receitas espalladas entre capturas de pantalla, notas do móbil, papeis soltos e ligazóns que nunca daba atopado. Ningunha app me convencía: ou estaban cheas de anuncios ou eran un caixón de xastre.

Así que decidín facer a que botaba en falta: un lugar onde gardalas todas, sen ruído, tan acolledor coma o receitario da familia. Con Miglė no deseño, CookNest foi collendo forma.

Hoxe úsana máis de 150.000 persoas, pero a idea segue a ser a mesma: unha app independente, coidada ao detalle, que nós mesmos usamos cada día. Se unha función non nos convence, non sae.

— Carles, fundador

“Non quería outra app máis. Quería un fogar para as miñas receitas.”

Feita para o que unha receita significa de verdade

Unha receita non é só unha lista de ingredientes: é a voz de quen cha ensinou, unha tarde na cociña, un recordo. Por iso coidamos detalles que outras apps nin se formulan.

  • A voz que a conta

    Dita unha receita e CookNest garda a gravación da túa nai, do teu pai ou da túa avoa explicándoa, non só o texto.

  • As receitas de toda a vida

    Fai unha foto ao caderno da familia e dixitalízao para conservalo intacto, xeración tras xeración.

  • Para compartir e transmitir

    Coleccións familiares e libros impresos para regalar e conservar o que vos une.

Por que podes confiar en CookNest

Non somos unha gran empresa. Somos un equipo pequeno, obsesionado con coidar cada detalle.

  • Sen anuncios, nunca

    Non vendemos a túa atención. Cociñar é para gozar, non para esquivar banners e ventás emerxentes.

  • Privacidade de verdade

    As túas receitas son túas. Non as vendemos nin llas cedemos a ninguén para publicidade.

  • Nunca te atamos

    Podes exportar as túas receitas cando queiras. Sen secuestros nin letra pequena: se marchas, lévalas contigo.

  • Falas con quen a fai

    Sen centros de chamadas nin respostas automáticas. Detrás do soporte estamos nós, de verdade.

CookNest

Descargar CookNest

Todas as túas receitas nun só lugar, preparadas para cociñar.

Download on the App StoreDispoñible en Google Play