Fala coas túas receitas desde ChatGPT ou Claude

Pide as ceas desta semana, unha lista da compra ou gardar unha receita. Usa as receitas que xa tes en CookNest.

4,8 na App Store · 2.534+ valoracións

Planifícame as ceas de luns a xoves coas miñas receitas
Feito. Xa tes catro ceas no planificador, e o luns tocan os rigatoni dos teus favoritos.
Planificador
Rigatoni con ragú de carneLun
Chulas de cabaciñaMar
Pan á grella con burrataMér
Rolos crocantes con salsaXov
Receitas con IA

Pide como llo pedirías a alguén da casa

Cales das miñas receitas levan menos de 20 minutos?
As túas receitas
Torrada de aguacate e ovo10 min
Feta batido con olivas15 min
Tortiñas de arandos20 min

Pregunta polas túas receitas

Cales son rápidas, cales levan polo, cal cociñaches a última vez.

Engade á lista da compra o que preciso para os rigatoni do luns
Lista da compra
Rigatoni400 g
Carne picada500 g
Tomate triturado800 g
Cebola1

Xa tes aceite e sal na despensa.

Enche a túa lista da compra

Engade o que leva unha receita. O que tes na despensa queda fóra.

Garda esta receita de Instagram en Sobremesas
Xa está na túa colección Sobremesas.
Torta de cereixas por capasSobremesas

As túas receitas, non as de internet

Usa as receitas que xa tes en CookNest, e velo feito na app ao momento.

Funciona con:ReceitasFavoritos e notasPlanificador de comidasLista da compraColecciónsDespensa
Como conectalo

Conéctao nun minuto

Escolle o teu asistente e inicia sesión coa túa conta de CookNest.

ChatGPT

Plugin oficial. Que che apareza depende do teu plan, do teu país ou do teu espazo de traballo.

  1. Instala o plugin

    Abre CookNest en ChatGPT e preme Install plugin.

  2. Inicia sesión en CookNest

    Con Google, Apple ou correo, coa mesma conta que usas na app. Despois volves a ChatGPT.

  3. Pídelle algo

    Nun chat novo, proba: «Que receitas teño con polo?»

Se algo falla

Non atopo CookNest en ChatGPT

Búscao en Plugins en chatgpt.com, ou en Settings › Plugins na app do móbil. Segundo o teu plan, o teu país ou o teu espazo de traballo, pode que aínda non che apareza. En Business, Enterprise ou Edu, ten que permitilo a persoa administradora.

ChatGPT pregúntame antes de gardar nada

É o normal: ChatGPT pregunta antes de calquera cambio nos teus datos, como gardar unha receita ou engadir algo á lista da compra. Podes aprobalo para o resto da conversa.

Axuda oficial de OpenAI

Claude

Conector oficial do directorio. Conéctalo en claude.ai ou na app de escritorio e telo tamén no móbil e en Claude Code.

  1. Conéctao

    Abre CookNest en Claude e preme Connect to Claude.

  2. Inicia sesión en CookNest

    Con Google, Apple ou correo, coa mesma conta que usas na app. Despois volves a Claude.

  3. Pídelle algo

    Nun chat novo, proba: «Planifícame as ceas desta semana coas miñas receitas».

Se algo falla

Non atopo CookNest en Claude

Búscao en Customize › Connectors › Discover. En Team ou Enterprise, ten que engadilo antes unha persoa propietaria da organización; ata entón verás Request. Se aínda así non aparece, engádeo a man: Customize › Connectors, + e Add custom connector, con este enderezo:

https://mcp.cooknest.app/mcp

Pégao no asistente, non no navegador.

Claude non usa CookNest

Preme + na caixa de mensaxe, abre Connectors e actívao.

Claude pídeme permiso cada vez

Cámbiao en Customize › Connectors › CookNest, en Tool permissions: escolle Always allow, Needs approval ou Blocked para cada acción.

Guía oficial de Claude

Usas outro asistente?

CookNest funciona con calquera asistente compatible con conectores MCP, como Cursor ou Codex. Engádeo como conector personalizado con este enderezo:

https://mcp.cooknest.app/mcp

Pégao no asistente, non no navegador.

Preguntas

Preguntas frecuentes

Con que asistentes funciona?

Con ChatGPT e Claude, na web, no ordenador, no móbil e en Claude Code. E con calquera asistente compatible con conectores MCP con inicio de sesión, como Cursor ou Codex.

Preciso un plan de pagamento de ChatGPT ou Claude?

En ChatGPT, que apareza o plugin depende do teu plan, do teu país ou do teu espazo de traballo. En Claude, se o conector do directorio non aparece, podes engadilo como conector personalizado nos plans Free, Pro, Max, Team e Enterprise; Free só permite un.

Preciso CookNest PRO?

Non, funciona con calquera conta. As importacións que pidas contan para a mesma cota semanal que na app.

Que datos ve a IA?

As receitas, coleccións, plans, listas e despensa da túa conta, e só cando os precisa para o que pediches. Non ve a túa subscrición nin a conta de ninguén máis.

Pode eliminar as miñas receitas?

Só se llo pides, igual que podes facelo ti na app. Antes de eliminar, o teu asistente pode pedirche que o confirmes.

Como desconecto a IA?

En ChatGPT, desinstala o plugin de CookNest. En Claude, vai a Customize › Connectors, abre CookNest e preme Disconnect. A app do móbil segue coa sesión iniciada. Se cambias o contrasinal, córtanse todas as conexións.

Que é MCP?

Model Context Protocol, o estándar aberto que usan os asistentes de IA para conectarse a outras apps. Por iso CookNest funciona con calquera asistente compatible.

É hora de poñer orde nas túas receitas

Próbaa gratis. Temos moitas ganas de cociñar contigo.

Máis de 200.000 persoas descargaron CookNest