Cóntalle a receita a CookNest e deixa que a escriba por ti
Di a receita en voz alta, tal como che saia. CookNest escríbea cos seus ingredientes e pasos.
«Mira, sofrites unha cebola e unha cenoria ben picadiñas, logo botas medio quilo de carne picada e, cando estea dourada, unha lata grande de tomate. E a lume lento unha hora, eh, que se non, non sabe igual.»
Ragú da avoa
4 ingredientes · 3 pasos
- Ingredientes
- Carne picada500 g
- Tomate triturado1 lata
- Cebola1
- Cenoria1
- Pasos
- 1Sofrite a cebola e a cenoria picadas.
- 2Engade a carne e deixa que se doure.
As receitas que ninguén apuntou
Pasaban de boca en boca; agora están no teu receitario.
Como funciona
Unha receita leva o que tardas en contala.
Toca e fala
Cóntaa ao teu xeito: ingredientes, cantidades e pasos. Ou comparte unha mensaxe de voz.
CookNest escríbea
Separa os ingredientes dos pasos e deixa fóra as dúbidas e as repeticións.
Revísaa e gárdaa
Retoca o que queiras, a man ou coa voz, e gárdaa nunha colección.
Preguntas frecuentes
Como creo unha receita coa voz?
Teño que dicir a receita nunha orde concreta?
Non. Fala como llo explicarías a alguén. Aínda que te repitas ou cambies de idea a media frase, CookNest queda co importante.
Podo gravar outra persoa explicando a receita?
Si, e é un dos seus mellores usos. Grava os teus pais ou avós mentres a contan e garda tamén a gravación, para volver escoitala.
Podo usar unha mensaxe de voz que xa teño?
Si. Comparte con CookNest unha mensaxe de voz de WhatsApp, ou escolle un audio gardado desde a pantalla de ditado.
Podo corrixir a receita despois de ditala?
Si. Edítaa a man, ou toca o micrófono dentro da receita e di o que hai que cambiar. CookNest toca só o necesario.
Ditar receitas é de balde?
O ditado por voz forma parte de CookNest PRO. De balde, podes escribir ti as túas receitas e importar 3 á semana desde ligazóns.


